A aula CeMIT do Concello de Abegondo acollerá, do 20 de xullo ao 4 de novembro en horario de tarde (de 16:00 a 21:00 h.), por segundo ano, o curso de formación profesional ocupacional - "Deseñador Web e Multimedia - IFCX0304". Esta acción formativa ten un total de 368 h. e conta para a súa impartición no Concello de Abegondo con profesorado altamente cualificado. Nesta segunda edición incorpórase a posibilidade de que os alumnos completen a súa formación con prácticas non laborais.O curso está financiado polo Fondo Social Europeo (O FSE inviste no teu futuro) e pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, de xeito que resulta totalmente gratuíto para os alumnos e alumnas.
Requerimentos do alumnado: ESO ou equivalente, ou ben ciclo formativo de grao medio (preferentemente na rama de Informática).
+ info na web do concello...
[+]info:
http://betanzosweb.com
