FreelensCertame de fotografía Creative Commons Dende Inestable estamos moi orgullosos de comunicarvos que imos levar a cabo o noso primeiro certame de fotografía Creative Commons, o cal se chamará Freelens e irá da man co festival de curtametraxes Cinestable, ata o punto que os premios de Freelens serán entregados na gala que se realizará o día 5 de agosto de 2011. Xa está aberto o plazo de entrega de obras! Durante as próximas semanas seguiremos dandovos novidades.En resumoEntrega de obras ata o 29 de xullo ás 23:59h por correo ordinario ou na direcciónfreelens@inestable.org.CategoríasXeral: Entre todas as fotografías presentadas ó certame, escollerase a mellor e recibirá un premio de 300€.Retrato: Fotografías que teñan como temática principal unha persoa ou grupo de persoas. Premiarase o mellor con 100€.Natureza: Entre as fotografías que teñan como tema principal a natureza, escollerase a mellor e recibiá un premio de 100€.Fastlens: O venres 22 de xullo propoñerase unha tematica sobre a cal se deben basar as fotografias, tendo de plazo para presentalas ata o martes 26 de xullo ás 23:59h da noite. A mellor será premiada con 100€.Bases do certame.Fastlens Neste apartado do certame pensamos en realizar un concurso diferente, no que se prime, ademáis da calidade das fotos, a premura en facela e que non sexan presentadas imaxes feitas fai tempo. ¿Como facer iso? Pois realizando mini certames nunha data concreta (anunciada con moita antelación) e cunha ventá de tempo relativamente curta (un par de días), dando así a visión que ten cada participante da idea sobre a que se realiza dito certame.Exposición das obras Durante todo o mes de setembro de 2011, despois do festival, realizarase unha exposición das obras presentadas ó certame na sala de exposicións do Centro Comarcal de Ordes, situado nas Casillas, na entrada a Ordes dende Santiago (mapa). Ademáis, crearase unha galería online para que as imaxes estén dispoñibles aínda que non estés preto de Ordes. + info en inestable.org[+]info:
http://aldeagalega.com
