Servizos Sociais de Betanzos, programa diversas accións de integración de inmigrantes a través de cursos para facilitar a súa incorporación laboralO obxectivo deste programa é que ao final deste o colectivo teña coñecementos abondo como para acceder a un posto de traballo vinculado á asistencia doméstica, xa que nestes momentos é a saída laboral máis demandada. O programa inclúe un curso básico sobre cociña, na que as persoas participantes coñecerán como preparar pratos tradicionais. Poderán participar ata quince alumnas. As persoas que estedes interesadas podedes pasar polas oficinas de Servizos Sociais, no Cantón de San Roque.
Fonte web municipal
[+]info:
http://betanzosweb.com