If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

Asociación de veciños Rosalía de Castro

A nosa asociación de veciños nace no ano 1990, empurrada polos problemas que medraron o redor da "cultura do ocio" . Nas calles Rosalía de Castro, Pintor Seijo Rubio e Rollo medraron, de xeito indiscriminado, multitude de establecementos dedicados á "movida", que convirtiron o noso barrio, os fins de semana, nun centro de xuntanza de xoves ávidos por dar renda solta aos seus desmáns. Nestas circunstancias, o descanso e a tranquilidade nas nosas vivendas era unha utopía.
Para tentar chegar ós nosos obxectivos, consideramos imprescindible que se unan a nós o maior número posible de veciños, de forma que incrementémo-la nosa representatividade en TODA A ZONA. Invitámosvos de novo a que vos asociedes, sendo a cota anual neste ano 2003 de 10 euros por familia. Para facervos socios, tan só tedes que reenche-lo impreso que se acompaña, e entregalo a calquera dos integrantes da Xunta Directiva, ou ben na CAFETERÍA MILLENNIUM (Rosalía de Castro,12). Tal como se reflexa no impreso, podedes optar entre domicilia-lo pago da cota anual, ou efectua-lo ingreso da mesma directamente na conta da Asociación. ESPERÁMOSVOS. Impreso de asociación
Wed da asociacion:
Betanzos Hoxe

[+]info:
http://betanzosweb.com

1329 dias 18 horas 22 minutos 6 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.