If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

Galiza Nova reanuda o ciclo de cinema cun documental sobre As Encrobas

Galiza Nova,Encrobas,Cerceda,Meirama,Salon Azul,Metal,Loita,Negra Sombra,Pechara,Iria Aboi,Secretaria Xeral,Anxo Arcai,Alberte Muiño,Henrique,Linguas,Galicia,Paradise,Casco Historico,XX Aniversario,Betanzos,Programa, O ciclo "Un país de cinema" que organiza Galiza Nova reanudará mañá as súas proxeccións co pase de "As Encrobas: a ceo aberto", un documental que repasa a loita dos veciños das Encrobas (Cerceda) para evitar a expropiación das súas terras para a mina e central de Meirama. A proxección terá lugar mañá martes a partir das 20:30h no Salón Azul do Liceo.

O mércores pasarase "Metal en Loita", sobre as folgas do sector do metal dos anos 90 en Vigo, e o xoves "Negra Sombra", un documental sobre o feísmo urbanístico. Pechará o ciclo unha mesa redonda coa participación de Iria Aboi, Secretaria Xeral de Galiza Nova, e o actual responsable local, Anxo Arcai, xunto aos ex-responsables Alberte Muiño e Henrique del Río.

O ciclo documental comezou o pasado día 13 coa proxección de “Linguas cruzadas”, que aborda a situación do galego en Galicia, o día 14 proxectouse “Paradise now”, un filme sobre a situación do pobo palestino, e o 15 foi o turno de “A casa de Lola de Andrés”, sobre a desaparición dunha casa emblemática nun municipio calquera da Costa da Morte para deixar paso a un bloque de apartamentos, unha metáfora sobre a especulación urbanística extrapolable ao Casco Histórico betanceiro. Este ciclo de cinema documental galego supón o peche dos actos do XX Aniversario de Galiza Nova en Betanzos.

 

Programa completo

[+]info:
http://betanzosweb.com

1221 dias 8 horas 53 minutos 32 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.