Organismo: Dirección Xeral de Relacións Laborais. Consellería de TraballoDestinatarios: Entidades sen ánimo de lucro que teñan a súa sede social na Comunidade Autónoma de Galicia e que polos seus fins teñan vocación de fomento da prevención de riscos laborais entre as empresas e as traballadoras e os traballadores de Galicia. Prazos: Dende o 29 de decembro de 2007 ata o 28 de xaneiro de 2008, ambos incluidos. Presentación de solicitudes: A solicitude cumprimentarase no modelo normalizado que se publica como anexo I nesta orde e que se subministrará nas delegacións provinciais da consellería, na Dirección Xeral de Relacións Laborais, en calquera das oficinas administrativas de Información ao Cidadán e na páxina web da Consellería de Traballo. Dita solicitude será acompañada da documentación que se indica na orde de establecemento das bases das axudas. Publicación: DOGA nº 250, 28 de decembro de 2007 Máis información: http://www.xunta.es/
[+]info:
http://betanzosweb.com
