If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

Axudas subvencionar confederacións federacións coordinadoras ou agrupacións de veciños

Organismo,Conselleria,Presidencia,Administracions Publicas,Xustiza Destinatarios,Galicia,Rexistro Central,Prazos,Presentacion,Publicacion, Organismo: Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Destinatarios: confederacións, federacións, coordinadoras ou agrupacións de asociacións de veciños de Galicia, con destino á programación e desenvolvemento durante o ano 2008 de actividades propias e gastos correntes de funcionamento. Estas entidades deberan estar debidamente inscritas no Rexistro Central ou nos rexistros provinciais de asociacións da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, non sendo consideradas as solicitudes das entidades non inscritas e coa totalidade dos seus datos actualizados na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

Prazos: Dende o 3 de xaneiro ata o 2 de febreiro de 2008, ambos inclusive.
Presentación de solicitudes: As solicitudes dirixiranse ao conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, segundo o modelo que figura como anexo I desta orde, e presentaranse no rexistro xeral das delegacións provinciais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no da propia consellería ou por calquera dos medios a que se refire o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Publicación: DOGA nº 1, 2 de xaneiro de 2008

Máis información: http://www.xunta.es

[+]info:
http://betanzosweb.com

1599 dias 16 horas 40 minutos 4 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.