If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

Betanzos contará cun edificio para usos náutico-deportivos impulsado por Portos de Galicia

Portos de Galicia, ente público dependente da Consellería do Mar,traballa xa na redacción do proxecto dun edificio no porto de Betanzos(A Coruña), á beira do río Mandeo, destinado a usos naútico-deportivos.Mediante esta actuación, na que o Concello e Portos están a colaborarestreitamente, contribuirase a satisfacer as necesidades dos veciños dedispoñer de máis servizos deportivos, nun concello como é o de Betanzosno que a práctica do piragüismo conta cunha tradición consolidada. Aconstrución do edificio responde a unha petición realizada polaalcaldesa, María Faraldo, ao presidente de Portos, José ManuelÁlvarez-Campana, nun encontro recente.

As previsións que manexan na actualidade os técnicos de Portos deGalicia para a obra anunciada son as seguintes: a finais do presenteano estará licitada e no vindeiro, ano 2010, os betanceiros poderángozar xa do remate das instalacións náutico-deportivas. Co novoedificio prodúcese unha mellora substancial dos servizos portuarios.

Proxecto adaptado ás necesidades
Os técnicos da Xunta, en colaboración co Concello de Betanzos, ultimannestes días a concepción final do edificio e, unha vez que esta estearematada e co obxectivo de cubrir integramente as necesidades dapoboación, Portos presentaralles a proposta á máxima autoridade local.(Xúntase fotografía do porto, coa parcela onde iría situada a novainstalación marcada en cor vermella).

As novas instalacións previstas para o porto de Betanzos insírensena política de apoio á práctica dos deportes náuticos que está aimpulsar decididamente Portos de Galicia.

Fonte xunta.es

[+]info:
http://betanzosweb.com

898 dias 16 horas 59 minutos 15 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.