Actividades. Para os máis novos.
*Actidades deportivas:
-Fútbol Sala en dous turnos de iniciación e perfeccionamento( os mércores e venres) e Natación na que o que o desexe como complemento pode practicar a patinaxe (os martes), mentres que os venres máis novos poderán gozar dunha actividade lúdica que ademais favorecerá o seu desenvolvemento motor aproveitando os beneficios que o medio acuático proporciona (nenos de menos de 3 anos) de 11:00h a 11:30h *Novas tecnoloxías:
-Informática os xoves en dous turnos. *Folkclore:
-Baile galego en sesións de iniciaciación e perfeccionamento os luns. Pandeireta en sesións de iniciación e perfeccionamento tamén os luns, Gaita en sesións de iniciación e perfeccionamento os venres e Instrumentación tamén os venres.
As tradicións no noso territorio están a desaparecer dun xeito acelerado, o que dá lugar a que os máis novos non coñezan as costumes do noso territorio.
Dende a Escola Municipal de Folclore do Concello de Aranga queremos que as tradicións do noso territorio que están a desaparecer, sigan vivas nos nosos rapaces e rapazas. Menos as xa indicadas, as actividades realizaranse a partir das 17:00h Para tódalas idades.
-Baile moderno, cun profesor especializado en Street Dance que impartirá tamén clases de Funky, Jazz Fusión... na Castellana, ou Baile latino, as persoas que participen aprenderán os pasos básicos da cumbia, bachata, salsa e outros bailes cun profesor especializado en varios estilos de baile latino, no Local Social de Santiso os sábados de 18:00h a 20:00h -Pilates , actividade de tonificación muscular e control postural a través da realización de exercicios de contracción isométrica moi beneficiosa para a eliminación de dores de orixe muscular, ou correccións de desequilibrios corporais, no local anexo ó CEIP da Castellana, os martes e xoves de 19:00h a 20:00h -Debuxo e pintura, utlizando ferramentas e métodos adecuados a cada forma de expresión, os xoves no Local Social de Santiso. Para os maiores:
-Obradoiro de memoria, actividade centrada no desenvolvemento das habilidades de memorización para conservar a autonomía e independencia das persoas maiores e así mellorar a súa calidade de vida, os martes de 17:00h a 19:00h.
-Iniciación á informática abondando dunha forma sinxela e práctica que é un ordenador, cales son as bases do funcionemento, que posibilidades ten, que é e como funciona internet... os xoves de 19:00h a 20:00h -Actividade física de mantemento, os luns de 10:00h a 11:00h e actividade acuática os mércores e venres de 10:00h a 13:00h, na piscina municipal de Betanzos. -Balneario: Como sucede dende hai uns anos tamén se poderán beneficiar das augas termais no Balneario de Guitiriz, en luns alternos de 15:00h a 18:00h.
[+]info:
http://betanzosweb.com
