If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

Queremos Galego preséntase en Betanzos

Plataforma Cidada Queremos Galego,Betanzos,Salon Azul,Participara,Escola Municipal,Manuel Lourenzo,Xoan Costa,Fran Rei,Xunta,Alberto Nuñez Feijoo,Estatuto,Especial,Santiago,Compostela,Froito,Xoan Costa Casas,Presidente,Asociacion Socio-Pedagoxica Galega,A Plataforma Cidadá Queremos Galego preséntase en Betanzos este venres 5 a partir das 20:30h nun acto público no Salón Azul do Liceo. Participará o ex-responsable da Escola Municipal de Teatro e coñecido dramaturgo Manuel Lourenzo, o presidente da AS-PG, Xoán Costa, e o coordinador da plataforma, Fran Rei. A Plataforma cidadá Queremos Galego! é un amplo grupo formado por máis de 650 entidades, institucións e empresas de todo tipo e máis de 5.000 apoiantes a título persoal nacida no verán de 2009 para conscienciar a sociedade sobre a importancia da lingua e cultura galegas, a partir da gran preocupación suscitada en amplos sectores pola política lingüística e cultural regresiva emprendida polo actual goberno da Xunta, presidido por Alberto Núñez Feijóo.
Desde a súa constitución, Queremos Galego! promoveu e organizou algunhas das accións sociais máis numerosas dos últimos anos en favor da que, segundo indica o noso Estatuto de autonomía, é a lingua propia do noso territorio. Especial relevo tivo a manifestación celebrada o pasado 18 de outubro en Santiago de Compostela, a terceira mobilización máis numerosa na actual etapa democrática, ou, máis recentemente, a folga xeral convocada no ensino non universitario contra a proposta de decreto presentada pola Xunta para o uso e regulación das linguas no sistema educativo, amplamente secundada polas comunidades escolares.
Froito do interese dun grupo de persoas e algunhas entidades cívicas de Betanzos e a súa comarca, convidámosvos a participar do acto público que imos celebrar este vindeiro venres 5 de marzo ás 20h no Salón Azul do edificio do Liceo con vistas á constitución formal da plataforma cidadá nas Mariñas.
Neste acto contaremos coa presenza e intervención do actor e director teatral Manuel Lourenzo, un dos portavoces de Queremos Galego no plano público; de Xoán Costa Casas (profesor de secundaria e Presidente da Asociación Socio-Pedagóxica Galega); e de Fran Rei, coordinador da comisión xestora da plataforma cidadá.

[+]info:
http://betanzosweb.com

710 dias 23 horas 33 minutos 33 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.