If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

O concello de Betanzos propón 19 inmobles á Xunta para a súa compra

Concello,Instituto Galego,Vivenda,Tratase,Xunta,Preocupacion Reverter,Urbanismo,Jose Luis Santos Cobelo,Regulamento,Disciplina Urbanistica,Ordenacion Urbanistica,Proteccion,Medio Rural,Galicia,A proposta entregada polo Concello ao director do Instituto Galego de Vivenda e Solo recolle "posibles" inmobles que poderían encaixar no programa de adquisición que pretenden levar a cabo as dúas administracións. Trátase de inmobles que nestes momentos teñen unha deterioración evidente, que se encontran á venda e localizados nunha zona concreta do casco, é dicir, que non distan moitos uns doutros. O informe técnico entregado recolle tanto o prezo de venda, coma o número de vivendas que se poderían construír na rehabilitación de cada edificación. Nel incluíronse 19 inmobles susceptibles de compra, con número de plantas e superficies variables, que varían entre os 109 e algo máis de 330 metros cadrados. Agora, será o persoal técnico da Xunta, coa colaboración do persoal técnico municipal, que realizarán o estudo definitivo que determinará que vivendas se axustan aos baremos establecidos polo Instituto Galego de Vivenda e Solo para a súa adquisición e, en función deses mimos baremos e características, aplicar os correspondentes prezos. Cómpre lembrar, neste sentido, que o IGVS ten fixada e reservada para estas primeiras operacións unha partida de entre 400 000 e 500 000 euros para a adquisición destes inmobles. Unha vez adquiridas e rehabilitadas as vivendas estableceranse os mecanismos para, por un lado, dedicar algúns inmobles para o aluguer, tanto para mozos coma para maiores de 65 anos; e destinar outra parte destes para venda. Preocupación Reverter a situación do casco histórico é o principal obxectivo do goberno local. O concelleiro de Urbanismo, José Luis Santos Cobelo, explicou hai unhas semanas que unha proba da preocupación que ten o goberno local polo casco histórico, a diferenza de anteriores gobernos, é o número de expedientes que o Concello abriu durante estes últimos dous anos e medio de mandato. A dificultade está en que os procedementos administrativos son longos, mais a nosa vontade, dicía, "é seguir este camiño, iniciado hai dous anos e medio,". A finais do pasado mes de xaneiro, o Concello tiña abertos sesenta expedientes. Santos Cobelo confía en que todas as accións que se están a programar de cara a reverter a situación do casco histórico sexan tamén un punto de inflexión e de concienciación ás persoas propietarias á hora de adecuar os seus inmobles de acordo co deber de conservación destes segundo o Regulamento de Disciplina Urbanística segundo se recolle na Lei 9/2002 do 30 de decembro de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia. Fonte web municipal

[+]info:
http://betanzosweb.com

695 dias 11 horas 21 minutos 52 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.