A Plataforma Cidadá Queremos Galego celebra mañá ás 20:30h unha asemblea aberta no Salón Azul do Liceo A Plataforma Cidadá Queremos Galego celebra mañá ás 20:30h unha asemblea aberta no Salón Azul do Liceo para debatir as actividades a celebrar en Betanzos e a súa comarca nas próximas datas para divulgar a manifestación que a Plataforma convoca en Santiago o próximo día 17 de maio ás 12 da mañá na Alameda. Na reunión tamén abordarán o traballo de recollida de apoios na comarca á Iniciativa Lexislativa Popular en defensa do idioma e a constitución dunha coordenadora da plataforma na comarca. A reunión é aberta para todas aquelas entidades e persoas que desexen asistir.
[+]info:
http://betanzosweb.com