Final do VI Concurso Galego de Reggae no Forum Celticum de O Burgo-CulleredoData: 21 de mayo. Entrada gratuita.
O Gruve (Betanzos) e Sauko B & One son os grupos finalistas do VI Concurso Galego de Reggae que se vai celebrar o próximo 21 de maio no Forum Celticum de O Burgo-Culleredo Coñéceos... O GRUVE nace en Betanzos no 2010, a sua música con base nos ritmos afro-latinos e con mesturas entre Brasil e Galicia. O Gruve aposta polos ritmos compostos con letras comerciais cheas de conflitos de ideas particulares ante a actual realidade de hoxe!. O grupo que esta composto de músicos brasileiros e galegos con experiencias anteriores no mundo musical.
www.myspace.com/ogruve SAUKO B & ONE Dende o ano 2007, o vocalista e produtor Sauko B evolucionou o seu proxecto musical dende os primeiros temas en solitario producidos por el mesmo, ata chegar a formar a actual banda de New Roots chamada ONE, composta por músicos galegos, uruguaios e chilenos. Cun pasado de base electrónica, a banda evolucionou cara a un estilo máis Roots, sen perder de vista o presente, o seu contexto e orixes xeográfico-culturais diversas.
www.myspace.com/sauko
[+]info:
http://betanzosweb.com
