If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

I FEIRA EMPRESARIAL E COMERCIAL DE BETANZOS

I FEIRA EMPRESARIAL E COMERCIAL DE BETANZOS
A I FEIRA EMPRESARIAL E COMERCIAL DE BETANZOS FEC celerabrarase os vindeiros 5 e 6 de xuño de 2010 na zona do Pasatempo de Betanzos. A FEC é un evento que desde ACEBE.CCA se planeou como o perfecto escaparate para as empresas e comercios de Betanzos nun momento no que é necesario un impulso e un esforzo extraordinario para poder seguir traballando e desenvolvendo o importante labor comercial. As feiras de exposicións son un instrumento moi poderoso que posibilitan tanto a pequenas como medianas empresas dar a coñecer os seus productos e servizos e que ademais supoñen un perfecto canal de promoción e comunicación para o tecido empresarial e comercial. A FEC terá un horario ininterrompido de 11.00 h. a 21.00 h. tanto o sábado como o domingo e ocupará unha superficie de cerca de 9000 m ² dos que preto de 1500 m ²estarán adicados ós expositores das 35 firmas comerciales distribuidas en 45 stands. Participarán diversos sectores representativos da nosa asociación como son o sector da moda, perruquería e belleza, mobiliario e decoración, electrodomésticos, automoción, complementos e regalos, hostalería ou alimentación entre outros. A FEC, Feria Empresarial e Comercial de Betanzos plantéxase como un evento de promoción do sector comercial, empresarial e hostaleiro e ademais ofrecerá un amplo programa de actividades de ocio para nenos e adultos para tratar de converterse nunha perfecta alternativa de ocio para a familia unida á promoción e ó impulso do sector comercial e empresarial ó que ACEBE representa. Fonte Comercio de Betanzos

[+]info:
http://betanzosweb.com

723 dias 6 horas 27 minutos 12 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.