If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

O concello de Betanzos organiza Olladas Betanceiras concurso de fotografía para mozos

O Concello de Betanzos quere animar aos mozos de Betanzos e da súa comarca a que participen na iniciativa Olladas Betanceiras, unha proposta que se move nos parametros do turismo non oficial.
A pretensión é de que os máis novos participen dun xeito activo na difusión da cidade de Betanzos e dos seus atractivos.
O último fin deste proxecto é ofrecer aos consumidores culturais foráneos (turistas) e mesmo ao público local unha serie de itinerarios ou rutas turísticas distintas ás habituais.
Preténdendose con isto que todos, e en especial os máis novos participen doutra forma de ver a realidade, de vivir e disfrutar da cidade de Betanzos.
A creatividade dos máis novos será a ferramenta que se utilizará á hora de reflexar as realidades do Betanzos actual, dese Betanzos que esta a carón noso tódolos días e que ás veces precisamente pola rutina, as presas, ou a monotonía, non consegue fixarse na nosa retina como debera.
Os mozos teñen agora o reto de plasmar a través das súas miradas ese Betanzos que todos disfrutaremos despois nas súas instantáneas.
Duración e funcionamento
DATAS DE CELEBRACIÓN
Olladas Betanceiras funcionará como un certame fotográfico aberto á participación do público ata o mes de novembro, mes no que se fallaría o premio.
A intención é fomentar a participación activa dos mozos de Betanzos e comarca na difusión do valor estético, e dos elementos característicos da cidade.
Para iso crearianse catro categorías de premios.
1) Carteis, rotulos comerciais e
luminosos
A tradición comercial da cidade merece ser plasmada, pois ao longo de séculos e décadas foron moitas as formas de comercio e os xeitos adoptados para publicitarse a través de carteis ou rotulos.
2) Arte urbano
Betanzos destaca dende fai máis dunha decada por ter un grupo de rapaces/as interesados nos distintos xeitos de cutura urbana. Os grafities artísticos como máxima expresión disto serían o obxecto da fotografía nesta categoría.
3) Tabernas e comercios tradicionais.
É importante que os novos se impliquen, investiguen e coñezan o legado da nosa cidade. Nese senso a cidade na súa longa historia deu exemplos xenuinos no mundo da hostalería ou do comercio, como poderían ser as adegas de viño do país, ou os comercios tradicionais que aínda perviven.
Fonte Bolmix

[+]info:
http://betanzosweb.com

695 dias 7 horas 25 minutos 11 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.