16, 17 e 18 de de xullo. Déixovos o programa das Festas do Carme 2010 de Sada, por se tedes pensado acercarvos. UNHA VERBENA PARA ABRIR O PROGRAMA DE ACTOS. O venres 16 de xullo, día do Carme, abrirase o día cunha longa sesión de Dianas e Alboradas a cargo do Grupo de Gaitas Troulando. A súa música percorrerá toda a avenida do Porto, e chegará ata a Avda. Da Mariña. Pola noite unha verbena a cargo da Orquestra "Principal" porá o atractivo na zona do Porto dende as 22:30h. ata a madrugada. Os locais da zona do Porto de Sada, coa súa oferta gastronómica e de ocio poñen o complemento perfecto para converter ó Porto nun centro de diversión moi atractivo. PROCESIÓN MARÍTIMA. Como é tradición, o sábado 17 de xullo organízase unha gran procesión marítima, na que todos os barcos pesqueiros, así como a xente que queira sumarse, acompañarán á Virxe do Carme nun paseo pola ría. A procesión está prevista para as 19:00h., xusto á finalización da Misa cantada que terá lugar na Lonxa de Sada ás 18:00h. Este acto relixioso contará coa participación da Coral da Sociedade de Sada e do Grupo de Gaitas Troulando. Á saída da procesión, o Porto recibirá ós visitantes cunha gran sardiñada organizada pola Cofradía de Pescadores. Por un prezo reducido poderase degustar as sardiñas de mellor calidade desembarcadas na Lonxa, así como acompañalas con pan de broa e viño. A animación virá desde as 21:00h. da man do Grupo de Gaitas Queiroa, que deixará paso a un concerto do grupo de rock "Los Santos", no escenario da explanada do Porto. UNHA FESTA "A MAR DE DEPORTIVA". As festas do Carme en Sada veñen acompañadas dunha serie de propostas deportivas no mar da ría, que pretenden completar a programación festiva e centrar a atención sobre a zona do porto durante a vindeira fin de semana. Así, ademais da procesión marítima, a verbena e o concerto, os que se acheguen por Sada poderán participar nunha serie de actividades deportivas, como son a Travesía a Nado da Praia de Sada, os Paseos a vela e piragüa ou o Campionato de Remoergómetro. UNHA TRAVESÍA A NADO NUN MAR EN CALMA. Aproveitando as boas condicións do mar no interior da ría, o que facilitará o nado do grupo de participantes, o Concello de Sada organiza unha travesía no entorno da praia de Sada, con percorridos e trofeos para diferentes categorías. Na seguinte táboa podedes comprobar as diferentes categorías da competición, así como a distancia a nadar en cada unha delas. A organización ten previsto o horario de saída en cada proba. Antes da saída será necesario pasar pola carpa da organización para comprobar a inscrición, retirar o gorro co dorsal para a travesía e confirmar a hora de saída. INFORMACIÓN DE INTERESE, PERCORRIDO E CATEGORÍAS TRAVESÍA A NADO PRAIA DE SADA 2010 PASEOS POLA RÍA EN BARCO DE VELA. O domingo 18 pola mañá, a partires das 11:00h. todos e todas os que queiran disfrutar das vistas da costa desde o mar poderán embarcarse co C.N.R.S. desde a praia de Sada. A entrada será libre e gratuíta, e permitirá realizar paseos en barcos de vela, tanto tradicionais como deportivos, así como pequenos percorridos en piragüa. UN CAMPIONATO PARA DAR UN PAU Á AUGA... O mesmo domingo 18, a partires das 18:00h. na Lonxa de Sada, o Concello organiza un campionato de remoergómetro no que poden participar todos e todas os que teñan gañas de pasar un bo rato e facer algo de exercicio. A actividade, en colaboración co Clube Mariñeiro Fontán-Sada, está pensada en varias categorías, en función das inscricións que se reciban. A participación está aberta a todo tipo de público, non só ós deportistas federados. Simplemente é necesario ter gañas de pasar un bo rato facendo unha actividade deportiva sinxela e divertida. da. INSCRICIÓNS: As inscricións poderán facerse na Oficina da Xuventude (O.M.I.X.) de Sada en horario de 8:00h. a 15:00h., aportando a fotocopia do D.N.I. Os participantes menores de idade necesitarán unha autorización paterna/materna firmada. Os modelos de inscrición están colgados na web www.concellodesada.com para facilitar a inscrición de xente que non poida achegarse pola O.M.I.X. dentro do horario marcado. No seu caso, poderán enviar as inscricións á conta de correo tecnicodeportes@concellodesada.com, ou ben enviar a documentación ó fax 981623655. A inscrición para a travesía a nado rematará o sábado 17 ás 10:00h., mentres que a do campionato de remoergómetro finaliza o domingo 18 ás 17:30h. As persoas que non aporten a fotocopia do D.N.I. ou a autorización (en caso de ser menores de idade) non poderán participar Fonte Concello de Sada
[+]info:
http://betanzosweb.com