O sábado 31 de xullo celébrase o "Día da bici 2010". Coma tódolos dúas marchas ciclistas, que partirán de Teixeiro e Curtis, percorrerán camiños municipais e chegarán a un destino común, Xabriño. É unha actividade sen límite de idade, de tipo lúdica, na que pode participar calquera veciño que o desexe. Na chegada repartiránse obsequios, trofeos e sortearánse dúas bicicletas; para logo recibir un referesco e un aperitivo para repoñer forzas para o camiño de volta. Para entrar no sorteo de dúas bicicletas será necesario inscribirse nas dependencias municipais, con data límite ata o xoves 29 de xullo A hora da saída será ás 10:30h, en Teixeiro da Casa do Concello, e en Curtis do pavillón polideportivo municipal. A hora de regreso está prevista para as 13:00h. Fonte concello de Curtis
[+]info:
http://betanzosweb.com